Políticas do Sistema Integrado de Xestión

Políticas do Sistema Integrado de Xestión

1. Serikat

Poderás atoparnos alí onde se cruzan as necesidades dos nosos clientes coas tecnoloxías emerxentes, para mellorar e transformar o seu negocio. O noso reto é simple, cumprir cos nosos compromisos. Traballamos con clientes audaces que diariamente abren novos camiños; cremos que coa tecnoloxía e datos axeitado podemos, entre todos, buscar solucións e facer da nosa contorna un mundo mellor. Axudamos aos nosos clientes con aqueles servizos, produtos e solucións que forman parte do universo das Tecnoloxías da Información.

2. O sistema de xestión

Serikatdesenvolveu un sistema de xestión que inclúe conceptos como responsabilidade social, calidade, medioambiente, sustentabilidade, eficiencia enerxética, seguridade e saúde laboral, seguridade industrial e da información, seguridade da cadea de subministración, servizos de tecnoloxías da información, innovación ou riscos.

O sistema de xestión de Serikatten un claro enfoque baseado no control e xestión dos riscos en todos os ámbitos que abrangue.

O Comité de Dirección de Serikatestableceu as políticas que se describen a continuación como punto de referencia a partir do que se constrúe o sistema de xestión e do que derivan os obxectivos.

En Serikatcomprometémonos a manter e mellorar continuamente o noso sistema de xestión. É un compromiso e unha responsabilidade de todos cumprir os requisitos definidos no sistema de xestión e cumprir, ademais, cos requisitos legais e regulamentarios aplicables a cada caso.

As políticas do sistema de xestión son comunicadas a todos os empregados e son vinculantes para todos eles. Así mesmo, poñemos á disposición dos nosos provedores e subcontratistas estas políticas coa finalidade de que se adhiran a elas e as suscriban e tamén están dispoñibles para calquera persoa ou entidade que as solicite.

3. Políticas

3.1. Política de Responsabilidade Social

En Serikatapostamos por un crecemento sustentable dende o punto de vista económico, social e ambiental.
Temos como propósito subministrar servizos de alta calidade buscando, de forma responsable e eficiente, o crecemento económico e a creación de valor para os nosos clientes, accionistas, traballadores, empresas colaboradoras, administracións públicas e sociedade en xeral, favorecendo o desenvolvemento da contorna social no que operamos e utilizando de maneira racional os recursos naturais necesarios para a nosa actividade.

En liña con esta política de responsabilidade social adoptamos compromisos como:

  • Establecemos prácticas responsables de contratación que tratan de aumentar a taxa de emprego e loitar contra a exclusión social.
  • Promovemos comportamentos que favorezan a saúde e a seguridade no traballo dos nosos propios traballadores e un maior control dos contratistas no ámbito da saúde e da seguridade.
  • Promovemos entre os nosos empregados a concienciación e sensibilización cara á redución do impacto ambiental xerado.
  • Comprometémonos a cumprir cos principios descritos no Pacto Mundial das Nacións Unidas.

3.2. Política de Seguridade e Saúde no Traballo

O NOSO COMPROMISO: A TÚA SEGURIDADE

Serikatentende que a xestión da Seguridade e Saúde ten un carácter prioritario e estratéxico como elemento inductor dos resultados empresariais. É un factor chave que rexe o liderado empresarial, e que se basea nestes fundamentos:

Compromiso

Velar pola protección da saúde e o benestar das persoas que traballan para Serikate proporcionar condicións de traballo seguras e saudables para a prevención de lesións e deterioración da saúde. Este compromiso é irrenunciable, polo que Serikato integra na actividade que desenvolve e adopta as medidas necesarias para garantir o seu cumprimento.

Fomentar a integración da cultura preventiva como base da cultura empresarial, establecendo a Seguridade e Saúde como unha responsabilidade individual que condiciona o devir da empresa, fomentando a consulta e participación dos traballadores.

Principios

As persoas son o recurso máis valioso da organización, nada é máis importante cá súa Seguridade e Saúde.

Resulta incompatible realizar calquera actividade que se antepoña á Seguridade e Saúde das persoas. Todos os traballos débense planificar e executar pensando na Seguridade.

A Seguridade é responsabilidade de cada persoa que compón Serikat, pero en especial da Dirección e daqueles que xestionan grupos de persoas. E debe xestionarse como tal.

Os accidentes derivados de fallos de xestión poden ser evitados eliminando os perigos e reducindo os riscos.

A lexislación vixente, así como outros requisitos que a empresa subscriba voluntariamente son de obrigado cumprimento.

Actitude

As persoas que compoñen Serikat, deben coñecer e asumir as súas funcións e responsabilidades en materia de Seguridade e Saúde.

Esta política é coñecida por todas as persoas que integran Serikate ao ser pública está á disposición de quen a requira.

A xestión da Seguridade e Saúde está baseada nun proceso de mellora continua que establece obxectivos específicos para tal fin.

3.3. Política de Calidade

Durante estes anos de historia, Serikatfoi quen de responder aos diferentes desafíos do mercado, ofrecendo e desenvolvendo as solucións máis eficaces para satisfacer as demandas dos seus clientes.

A nosa idea de axudar aos clientes nos seus negocios consiste en identificar como deben ser as cousas. Para Serikatsupón un traballo en equipo, un reto; para os clientes tradúcese en solucións á súa medida.

é un lema insignia na nosa filosofía empresarial.

Porque só xuntos, co compromiso e o esforzo de todos e cada un de nós, podemos avanzar neste proxecto conxunto. Para crecer hai que crear e para crear hai que crer; e todo iso só se consegue cunha receita: traballar, traballar e traballar máis ca nunca. Este é o noso compromiso.

3.4. Política Ambiental

Serikat
ten como obxectivo dar servizo aos seus clientes adecuándose ás súas necesidades e ser competitivo no mercado ao que pertence, integrando criterios de desenvolvemento sustentable, xestión eficiente de recursos, protección da contorna e respecto ás demandas da sociedade

Por iso fai públicos os principios da súa Política Ambiental:

  1. Cumprir cos requisitos legais de carácter ambiental e outros requisitos ambientais aplicables á súa actividade e aos servizos prestados.
  2. Comunicar os nosos requisitos ambientais aos nosos provedores, incluídos os contratistas, e instalos á adopción de boas prácticas ambientais.
  3. Reducir os impactos ambientais xerados entre outros polo consumo de auga e de enerxía, por emisións á atmosfera e pola xestión inadecuada dos residuos, sendo esta a tarefa central da nosa política de xestión ambiental.
  4. Fomentar a protección do medio ambiente e prevención da contaminación como unha importante responsabilidade que leva a velar polo cumprimento de referenciais axeitados á nosa actividade.
  5. Mellorar continuamente a eficiencia do sistema de xestión, co fin de que mellore o desempeño ambiental da organización.

A protección do medio ambiente esixe de todas as persoas da organización un comportamento responsable acorde coas esixencias da realidade actual.

3.5. Políticas de Seguridade

En Serikatentendemos a seguridade como un proceso integral, que debe ter en conta unha análise de riscos que garanta que cada ameaza é xestionada cos recursos axeitados que permita poñer en marcha mecanismos de mitigación deseñados para reducir eses riscos.

Para iso documentamos, implantamos, mantemos e melloramos continuamente os nosos procedementos de seguridade, establecendo as medidas que deben ser adoptadas en cada caso.

Política de Seguridade Física

Un control eficaz da seguridade física debe establecer medidas de protección orientadas a previr os accesos non autorizados ás súas instalacións.

Daquela Serikatdecidiu implantar, entre outras medidas de seguridade, un procedemento de control de acceso ás súas instalacións que afecta a traballadores, provedores, visitas e vehículos.

Política de Seguridade da Información

Nas sociedades baseadas no coñecemento a información é un activo estratéxico para as organizacións.

En Serikatrecoñecemos a importancia de identificar e protexer os nosos activos de información, evitando a destrución, divulgación, modificación e utilización non autorizada de toda información relacionada con clientes, provedores, empregados, estratexia, xestión ou calquera outro concepto.

Así pois temos o compromiso de protexer os recursos de información de Serikate a tecnoloxía utilizada para o seu procesamento fronte a ameazas, internas ou externas, deliberadas ou accidentais, coa finalidade de asegurar a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, legalidade e fiabilidade da devandita información.

Política de Protección de Datos de Carácter Persoal

Comprometémonos a tratar coa debida rigorosidade os datos de carácter persoal aos que temos acceso.

Todas as persoas que teñan acceso a datos de carácter persoal atópanse obrigadas a cumprir o establecido no documento de seguridade (onde se recollen as medidas de índole técnica e organizativa acordes á normativa de seguridade vixente).

Poñemos á disposición dos cidadáns que así o requiran a posibilidade de exercer os dereitos que a lei lles outorga relativos aos seus datos de carácter persoal que son incluídos nos tratamentos de información dos que somos responsables.

Política de Seguridade na Cadea de Subministración

En Serikata nosa prioridade é crear as mellores solucións para cada cliente que aspira a lograr cadeas de subministración seguras e eficientes.

Para iso apostamos por integrar plenamente a xestión da seguridade dentro da actividade comercial que desenvolvemos na cadea de subministración.

En Serikat,como operador de transporte e plataformas loxísticas, comprometémonos a prestar un servizo integral de xeito eficaz, fiable e seguro en todos os puntos da cadea de subministración, promovendo a loita contra as principais actividades delituosas que a ameazan (roubo, contrabando, fraude, etc.), dispoñendo de persoal comprometido coa aplicación de prácticas seguras e empregando parámetros de seguridade que brinden a fiabilidade necesaria para previr os riscos en calquera tipo de actividade irregular ou sospeitosa.

3.6. Política de Continuidade da Actividade e Dispoñibilidade dos Sistemas de Información

O obxecto da presente política é asegurar, sobre a base das mellores prácticas en Continuidade da Actividade e Dispoñibilidade dos Sistemas de Información:

  • Que se documentou un Plan de Continuidade/Dispoñibilidade, de agora en diante “o Plan”, para protexer a Serikat, aos seus asociados, aos seus clientes, aos seus empregados e recursos de todas as ameazas, tanto internas como externas, deliberadas ou accidentais
  • Que todas as actividades relacionadas co Plan se levan a cabo dun xeito ordenado, coordinado e homoxéneo.
  • Que o Plan se corresponde co tamaño, complexidade e natureza da organización, cubríndose en todo momento as necesidades cambiantes do negocio.
  • Que responde á definición dunha contorna de xestión necesaria para manter a eficacia do Plan.
  • Que o Plan se revisa polo menos unha vez ao ano, para asegurar que os requisitos cumpren o acordado baixo todas as circunstancias, dende a normalidade ata a perda grave do servizo.
  • Que o Plan se proba sempre que se produza un cambio importante na contorna do negocio.
  • Que o Plan está apoiado por copias de seguridade, segundo o establecido nos procedementos internos da organización.

Print Friendly, PDF & Email