Reinventarse
Cando as ideas, capacidades persoais e tecnoloxías converxen, o mundo cambia e as organizacións necesitan volver a imaxinar cal debe ser o seu papel.
A transformación dixital non é algo novo pero acontecementos recentes convertérona en algo urxente. Facerlle fronte a esta viaxe require axilidade, novas ideas e determinación. En Serikat temos o coñecemento, a experiencia e o ecosistema para te axudar a reinventar o teu negocio.
Tan preparado coma os teus clientes?
Nunha época de expectativas de clientes á alza, innovación tecnolóxica e regulacións volátiles, esvaécense os tradicionais límites da industria: automatización de procesos, analítica de datos, IA, blockchain, realidade virtual e outras tecnoloxías emerxentes están acelerando un movemento de converxencia no ámbito industrial, tecnolóxico e social que abre novas oportunidades para aqueles dispostos a realizar a viaxe.
O que facemos
Integramos a tecnoloxía no mundo real
Cos datos axeitados, as organizacións poden mellorar os seus servizos e facer do mundo un sitio mellor.
COMPROMISO
Vivir o problema
Os problemas case sempre están alí onde están usuarios e clientes e as solucións normalmente tamén. En Serikat aliámonos cos nosos clientes, combinando experiencia e coñecemento para desenvolver solucións innovadoras que dan solución a problemas reais.
PREVISIÓN
Os datos son un ser vivo
A nova contorna require de visibilidade e previsión en todos os procesos do negocio. Os datos están vivos e en Serikat combinamos activos en plataformas dixitais que nos axudan a ver o futuro en tempo real, a planificar e a tomar decisións mellores e máis rápidas.
EXECUCIÓN
IDEAR E EVOLUCIONAR
Ideamos, evolucionamos e implantamos novos procesos, produtos e servizos dixitais apoiándonos nas tecnoloxías axeitadas en cada caso. Integramos servizos e solucións que dan resposta ás necesidades actuais e desafíos futuros.
Sectores nos que estamos traballando
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Construíndo un mundo mellor para a cidadanía
O sector público, sempre inmerso en importantes desafíos, actúa como dinamizador da sociedade e a economía. Serikat dá soporte na adopción de tecnoloxía dixital para dinamizar os seus procesos, mellorar os resultados para a cidadanía e facilitar o uso de servizos públicos: e-administración, análise de datos, mobilidade, xestión tributaria, sé electrónica, etc.
SERVIZOS XURÍDICOS
A necesaria converxencia das persoas coa tecnoloxía
Desenvolvemos respostas innovadoras para o sector legal, dende o poder xudicial a firmas de avogados e departamentos xurídicos de empresa. Contamos cunha experiencia inigualable, con solucións de intelixencia artificial que axilizan as operacións nos ámbitos da extracción, do tratamento anónimo e da clasificación dos datos.
ENERXÍA E UTILITIES
Máis dixital para estar máis preto dos clientes
Gústanos traballar nun sector inmerso en desafíos, como as novas fontes de enerxía, os cambios reguladores e as novas tecnoloxías. En colaboración cos nosos clientes estamos dixitalizando procesos, extraendo, tratando os datos de xeito anónimo e xestionándoos, contribuíndo ao dinamismo dun sector tan ligado ao crecemento económico e ao desenvolvemento social.
LOXÍSTICA
Integramos a cadea de subministración dixital nun mundo en movemento
Un sector en plena transformación esixe dun alto nivel de coñecemento. Serikat é parte de Erhardt, un ecosistema empresarial no que a loxística é unha das súas principais actividades dende hai máis de cen anos. Contamos cunha ampla experiencia no desenvolvemento de servizos e solucións dixitais para un sector que está experimentando unha profunda innovación.
SAÚDE
O poder dos datos para brindar solucións de saúde adaptadas a cada persoa
A dixitalización impactou de cheo nun sector complexo e en rápida evolución. O noso coñecemento dos segmentos da saúde pública e privada, así como do asegurador, habilítanos para dar solucións innovadoras que melloran o nivel de servizo sanitario, xestionan o control de medicamentos e reducen custos nun sector sometido a unha presión extraordinaria.
INDUSTRIA
Dixitalizar para alcanzar novas cotas de rendemento e innovación
Traballamos con empresas de diferentes sectores industriais resolvendo a ampla casuística de desafíos tecnolóxicos aos que se enfrontan. Desenvolvemos en colaboración cos nosos clientes solucións á medida dos seus negocios: dixitalización de servizos, automatización de procesos, analítica de datos para a industria avanzada, ...