SABES CARA A ONDE AVANZAR?
Visión & Colaboración
CONECTAMOS O MUNDO DAS IDEAS COAS NECESIDADES DAS PERSOAS.

ECOSISTEMA SKT
CREMOS QUE UN MUNDO MELLOR É POSIBLE
E a nosa forma de contribuír é desenvolvendo relacións sólidas, en rede e a longo prazo con entidades públicas e privadas, identificando solucións tecnolóxicas avanzadas e modelos innovadores que nos axuden a construír solucións reais para as necesidades das persoas.
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
UN MUNDO MELLOR PARA AS PERSOAS
O sector público, sempre inmerso en importantes desafíos, actúa como dinamizador da sociedade. O noso modelo de innovación aberta permítenos colaborar, investigar e adoptar novas tecnoloxías e modelos dixitais que resolven problemas reais, derriban barreiras e facilitan o acceso dos cidadáns a un mellor servizo público.
START UP
Practicamos a innovación colaborativa
Practicamos a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico colaborativo dende o mesmo instante no que decides poñer o teu negocio en marcha. Temos ese espírito de curiosidade e de traballo en equipo para promover aceleradamente a tecnoloxía que soporta as túas novas ideas, esas que van cambiar radicalmente a forma na que vivimos.
ERHARDT VENTURES
CONECTAMOS PERSOAS, IDEAS E NEGOCIOS
Apoiamos e achegamos experiencia e coñecemento aos emprendedores audaces que constrúen o futuro a través do dixital. creamos Erhardt Ventures para apoiar empresas e proxectos emerxentes que achegan solucións e tecnoloxías naqueles sectores nos que participamos como grupo empresarial: loxística, seguros, trading e tecnoloxía.
QUE SERÁ O SEGUINTE?
Abordamos aquelas cuestións que aínda non teñen resposta.
Na actualidade os desafíos aos que nos enfrontamos non sempre atopan a resposta axeitada. Cando as solucións tecnolóxicas que ofrece o mercado non son suficientes O Ecosistema de I+D+i de Serikat une as súas forzas para atopar solucións e identificar cal será o próximo desafío.