SERIKAT FORMA PARTE DE ERHARDT
Estamos dando forma ao futuro
Agora que o mundo cambiou e as fronteiras e os desafíos son dixitais cómpre abordarmos a cuestión de como construír o futuro.
Fixemos a firme proposta de obter solucións en colaboración con clientes e socios. Cremos que estamos dando forma ao futuro; aínda non sabemos cal será o próximo desafío, pero seguro que nós estaremos aí.

Máis de 100 anos conectando persoas, ideas e negocios
Serikat está integrada en Erhardt
Levamos percorrido un longo camiño dende a fundación da empresa familiar en 1882. Dende entón as nosas magnitudes e actividades cambiaron, pero algunhas ideas permaneceron inalterables: os clientes están no centro de todo canto facemos, as persoas son o motor desta compañía e pensamos e actuamos cunha visión a longo prazo.
Liñas de negocio
Na actualidade Erhardt é unha corporación diversificada, composta por diferentes compañías que se estruturan en catro liñas de negocio. A nosa capacidade de resposta, a axilidade e a proximidade ao cliente son as claves que definen o noso valor como empresa.
TEKNOLOGIA
LOGISTICS& MARITIME SERVICES
STEEL& TRADING
INSURANCE& RISK MANAGEMENT

Sostenibilidade en Erhardt
Erhardt comprométese a garantir que as nosas prácticas comerciais sexan seguras e responsables, de acordo cos nosos principios corporativos.
A nosa capacidade como empresa para crear valor, xerar confianza e ser unha empresa sostible no tempo depende da aplicación de altos estándares éticos en todas as nosas accións profesionais.