PLATAFORMAS
Intelixencia transformadora
DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE ARQUITECTURAS COMPLEXAS
A TRANSFORMACIÓN NUNCA SE LIMITA A AUTOMATIZAR UNHA SOA TAREFA
A dixitalización dunha organización precisa dunha mentalidade holística, porque as solucións dixitais funcionan mellor cando están integradas.
En Serikat realizamos:
- INTEGRACIÓN DE SISTEMAS HETEROXÉNEOS
Integramos sistemas heteroxéneos que utilizan distintas tecnoloxías como Blockchain, IoT, Microservizos ou Machine Learning.
- PLATAFORMAS INTEROPERABLES
Deseñamos arquitecturas abertas capaces de integrar tecnoloxías que conectan operacións, datos e perfís baixo unha mesma plataforma común.
- ESCALABILIDADE E ALTO RENDEMENTO
Deseñamos solucións híbridas nas que conviven nubes públicas e privadas para deste xeito poder combinar axilidade e custos.
PREDICIÓN
PROCESAR GRANDES CANTIDADES DE DATOS PARA PREDICIR O FUTURO
Predicir o futuro con datos non resulta unha tarefa doada; á dificultade para establecer modelos de predición adoitan engadirse factores como o elevado volume de datos, a carencia de fontes e as expectativas non satisfeitas ao 100%.
En Serikat traballamos con:
- ESQUEMAS DE PREDICIÓN
Técnicas para a análise intelixente dos datos para elaborar un esquema de predición. Descubrimento de preguntas baseadas nos datos dispoñibles e inferencia de modelos de predición.
- ANÁLISE DE DATOS
Fixamos modelos de predición factibles segundo os datos dispoñibles e investigamos os datos necesarios para conseguir o modelo de predición desexado.