As organizacións ao servizo da saúde e do coidado das persoas están colaborando coas empresas tecnolóxicas para atopar novos camiños que sirvan para mellorar o benestar das persoas. Serikat abordou este proxecto, propio da denominada Silver Economy, para a monitorización en tempo real dos residentes e non residentes da terceira idade e o uso de Intelixencia Artificial para anticipar acontecementos ante certos comportamentos, coas vantaxes que implica este feito..
O proxecto contemplaba a captación de datos a través de sensores e a Internet das cousas (IoT) así como o desenvolvemento dunha plataforma capaz de administrar a totalidade de datos cos que conta a organización sanitaria mediante a utilización de Intelixencia Artificial.
MONITORIZACIÓN REMOTA INTELIXENTE
A solución desenvolvida por Serikat facilita a prestación de servizos personalizados de asistencia remota en domicilio a persoas dependentes e non dependentes.

A información transmitida polos dispositivos que porta o residente tómase de xeito totalmente automatizado e centralízase nunha plataforma que permita o seu seguimento e control utilizando Machine Learning para algoritmos personalizados.
O PODER DOS DATOS
O crecente número de dispositivos conectados a Internet está contribuíndo na xeración de datos relevantes que axudan a mellorar non só a saúde das persoas, senón tamén os produtos sanitarios, farmacéuticos e os servizos médicos. Un dispositivo habilitado dixitalmente, por exemplo, pode transmitir os datos dun paciente ao consultorio médico para guiar as decisións de tratamento, mentres que un fabricante tamén pode servirse desta información de xeito anónimo para desenvolver novos produtos sanitarios e farmaceúticos.
BIND 4.0
O proxecto xorde dentro da iniciativa BIND 4.0, Hub de emprendemento industrial avanzado en Euskadi que ten como obxectivos a transformación dixital das empresas e a aceleración de iniciativas innovadoras a través dun modelo colaborativo entre grandes empresas e startup. Neste proxecto Serikat aliouse coa startup italiana GIPStech para transformar a atención de residentes no sector socio-sanitario.