A caixa do correo segura para os teus documentos importantes

sEGMENTO

Administracións públicas

METAPOSTA é un servizo gratuíto de caixa forte e caixa do correo en Internet onde se poden recibir e almacenar documentos de interese persoal con total confidencialidade e seguridade. Con este servizo o usuario ten, baixo unha mesma caixa do correo electrónica, documentos como escrituras públicas, títulos universitarios, certificados, nóminas, facturas, recibos, ....

No 2012, con METAPOSTA introdúcese un novo servizo que remata coa molestia e a inseguridade de gardar documentos importantes ou que teñen distinta procedencia en diferentes sitios. METAPOSTA permite ao cidadán recibir nunha caixa do correo segura documentos de diferentes emisores; deste xeito sempre estarán accesibles e ordenados con espazo ilimitado de almacenamento.

Serikat, en colaboración con outra compañía, inicia no 2009 o desenvolvemento deste innovador proxecto baixo as premisas de crear unha caixa do correo en internet que sirva como caixa forte para documentos da cidadanía e elimine comunicacións en papel con entidades financeiras, compañías eléctricas, administración, … Trátase de facilitar a distribución de documentos entre emisores e subscritores baixo un sistema que proporcione escalabilidade e seguridade.

QUE FACEMOS

  • Deseñar e construír un sistema con arquitectura SOA escalable, que cumpre cos esixentes requisitos de seguridade.
  • Mantemento do sistema.
  • Monitorización do funcionamento.
  • Soporte a cliente.
  • Consultoría tecnolóxica para evolutivos e integracións con terceiros.

RESULTADOS

  • Dende 2012 a cidadanía conta cun servizo gratuíto que lle permite acceder aos seus documentos dende o seu ordenador ou smartphone en calquera momento.
  • Todos os documentos xestionados dende un mesmo sitio, evitando a dispersión ou perda de documentos importantes.
  • Seguridade e confidencialidade garantida polos mellores protocolos.
  • Permite configurar a conta persoal con cartafois, etiquetas, avisos, regras… que axudan a clasificar toda a documentación.
  • En METAPOSTA o usuario recibe documentos das entidades emisoras que escolla, sen Spam nin mensaxes de publicidade, con seguridade e preservando a privacidade das comunicacións entre as partes.

COÑECE METAPOSTA

Print Friendly, PDF & Email
Administracións públicas

Que facemos en Serikat

Afrontamos iniciativas dixitais co sector público estatal, autonómico e local.

Axudamos na transformación e modernización do sector público a través de tecnoloxías innovadoras e o uso de datos para procurarlle un mellor servizo á cidadanía.

E-ADMINISTRACIÓN

Modernización de procesos mediante o desenvolvemento e mantemento de solucións de administración electrónica, con independencia da tecnoloxía utilizada.

XESTIÓN TRIBUTARIA

Gran experiencia na prestación de servizos dixitais en áreas clave como a tributaria. Desenvolvemento, mantemento e modernización cun enfoque baseado en datos.

ECOSISTEMA DO DATO

Traballamos man a man coas diferentes administracións para coñecer as súas necesidades e procurar as solucións idóneas para a xestión global do ciclo de vida do dato.

Descobre as nosas experiencias

Filtro sectores 2
Ver máis categorías
La comercialización de medicamentos falsificados es un peligro para la...
Difusión xurisprudencial a través do intercambio anónimo de datos persoais...
Participamos na “Primeira Convocatoria dos premios para o fomento e...

Falamos?

Grazas polo teu interese. Envíanos un correo e falamos.