Abertos, áxiles e responsables
SOMOS DESTE XEITO
ABERTOS
Estamos orgullosos do noso pasado e abertos sempre a novas ideas e experiencias. Este carácter flexible e optimista é o que nos impulsa a ser inconformistas, escoitar, colaborar e manter unha actitude de aprendizaxe continua.
ÁXILES
Somos curiosos, estamos centrados no cliente e actuamos con velocidade ante os riscos e oportunidades. A axilidade e a valentía impregna o noso traballo. Actuamos xuntos coma un só equipo, respondendo con flexibilidade e axilidade.
RESPONSABLES
A confianza dos nosos clientes é fundamental, valoramos as relacións sólidas, somos respectuosos coa nosa contorna e mantémonos fieis aos nosos compromisos. Actuamos de forma sostible, ética e socialmente responsable.
A nosa xente
A vida en Serikat é unha viaxe persoal e profesional na que identificamos intereses e oportunidades para crecermos xuntos. Viaxamos sempre en equipo, é un principio simple co que convivimos todos os días. Cremos na singularidade persoal nun espazo colaborativo e de comunicación aberta no que todos temos as mesmas oportunidades para aprender e crecer

CUMPRIR COS COMPROMISOS É NOSO RETO
O que facemos
Traballamos con clientes audaces que diariamente abren novos camiños, cremos que coa tecnoloxía e os datos axeitados podemos, entre todos, buscar solucións e facer da nosa contorna un mundo mellor.
Axudamos aos nosos clientes con aqueles servizos, produtos e solucións que forman parte do universo das Tecnoloxías da Información.
Poderás atoparnos alí onde se cruzan as tecnoloxías emerxentes coas necesidades das persoas.
Serikat está integrada en Erhardt
En Serikat traballamos por un crecemento sostible, económico, social e medioambiental. Temos como propósito subministrar servizos de alta calidade procurando, de xeito responsable e eficiente, o crecemento económico e a creación de valor para os nosos clientes, accionistas, traballadores, empresas colaboradoras, administracións públicas e sociedade en xeral, favorecendo o desenvolvemento da contorna social no que operamos e utilizando de xeito racional os recursos naturais necesarios para a nosa actividade.

Oportunidades de traballo
Contamos con opcións de desenvolvemento profesional que se adaptan a ti: Prácticas para contactar co teu futuro inmediato, Primeiro Emprego se remataches os estudos e Desenvolvemento Profesional para seguir crecendo.
Responsabilidade Social
En Serikat traballamos por un crecemento sostible económico, social e medioambiental. Temos como propósito subministrar servizos de alta calidade procurando, de xeito responsable e eficiente, o crecemento económico e a creación de valor para os nosos clientes, accionistas, traballadores, empresas colaboradoras, administracións públicas e sociedade en xeral, favorecendo o desenvolvemento da contorna social na que operamos e utilizando de xeito racional os recursos naturais necesarios para a nosa actividade.

Comprometémonos
A establecer prácticas responsables de contratación que tratan de aumentar a taxa de emprego e a loitar contra a exclusión social. A cumprir cos principios descritos no Pacto Mundial das Nacións Unidas.
Promovemos
Comportamentos que favorezan a saúde e seguridade no traballo dos nosos propios traballadores e un maior control dos contratistas no ámbito da saúde e a seguridade. A concienciación e sensibilización entre os nosos empregados para reducir o impacto ambiental xerado.
HSSQE
Calidade, medio ambiente, seguridade e saúde no traballo
O compromiso de Serikat diríxese ao desenvolvemento de modelos de negocio que contribúan a proporcionar valor ao cliente e á contorna social na que desenvolvemos a nosa actividade. A calidade do servizo, a satisfacción das necesidades dos clientes e a creación de relacións duradeiras coa sociedade, os clientes e persoal da compañía son os eixes fundamentais da nosa estratexia.
Calidade
Durante máis dun século de historia, fomos quen de responder aos diferentes desafíos do mercado, ofrecendo e desenvolvendo as solucións máis eficaces para satisfacer as demandas dos nosos clientes. A nosa idea de axudar aos clientes nos seus negocios consiste en identificar como deben ser as cousas.
Seguridade e Saúde Laboral
Velamos pola protección da saúde e o benestar das persoas que traballan en Erhardt. Proporcionamos condicións de traballo seguras e saudables para a prevención de lesións e deterioro da saúde. Este compromiso é irrenunciable, Erhardt intégrao na actividade que desenvolve e adopta as medidas necesarias para garantir o seu cumprimento.
Medio ambiente
Comprometémonos a cumprir cos requisitos legais de carácter ambiental aplicables na actividade. Entendemos a protección do medio ambiente como unha parte esencial da nosa actividade. Velamos por que se leve a cabo a través de metas e directrices que redunden na continua mellora da eficiencia do sistema de xestión e o desempeño ambiental da organización.
Traballa connosco
Información básica sobre protección de datos: los datos que facilite en la solicitud de empleo serán tratados por SERIKAT CONSULTORIA E INFORMATICA S.A., con CIF A48476006 y domicilio en C/ Ercilla, 19 5ª (48009 BILBAO), para gestionar su participación en los procesos de selección de personal, con legitimación en el mantenimiento de una relación pre-contractual y en su consentimiento expreso. Sus datos se conservarán mientras dure el proceso de selección o durante el plazo de dos años con el objetivo de tomarle en consideración para futuras vacantes. La información podrá ser comunicada a otras empresas del grupo para cumplir con la finalidad anterior. Podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidad, olvido y limitación al tratamiento de sus datos personales o revocar su consentimiento, por escrito, en la dirección postal indicada o en la dirección de correo electrónico info@serikat.es, adjuntando fotocopia de su documento de identidad. También podrá presentar una reclamación ante la autoridad de control competente.